Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Mestrado en Avogacía

O Mestrado Universitario en Avogacía caracterizase por ter unha orientación profesional no marco da profesión regulada de avogado

Conforme á normativa actual (Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais) este mestrado é requisito imprescindible para o exercicio da avogacía.

Estos estudos preparan ao estudantado para afrontar as probas habilitadoras para o exercicio da avogacía, ao tempo que forman ao futuro profesional. A súa finalización permite tamén o acceso a estudos de doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro (modificado polo Real Decreto 534/2013) polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento.

A organización e impartición deste mestrado é resultado do traballo conxunto da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo e do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, conforme ao convenio de colaboración académica suscrito entre ambas institucións.

diptico mestrado

Destinatarios


Conforme ao previsto no Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais, para acceder ás ensinanzas oficiais deste mestrado será necesario estar en posesión do título de Licenciado en Dereito, Graduado en Dereito ou de outro título universitario de Grao equivalente que acredite a adquisición das competencias xurídicas delimitadas nesta norma.


Saídas Profesionais


O exercicio da profesión de avogado, con suxección ás normas deontolóxicas e estatutarias, nos ámbitos que lle son propios: asesoramento e consello xurídico, e dirección e defensa dos dereitos das partes en toda clase de procesos xudiciais e de actuacións extraxudiciais nos que a normativa vixente impoña ou faculte a intervención do avogado.

Calendario de Actividades

Setembro 2017
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Matrícula 2017-2018

ICA Vigo

Mestrado Avogacía Pontevedra